Cadro Artístico Airiños: 75 Aniversario
Libro "Cadro Artístico Airiños: 75 Aniversario", o Grupo Teatral máis antigo de Galicia
O Libro "Cadro Artístico Airiños: 75 Aniversario" foi presentado o Sábado 28 de Maio. O Libro foi editado polo "Centro Cultural Simón Varela" de Asados - Rianxo. Nel cóntase a historia do Grupo teatral máis antigo de Galicia, dende a Fundación na República, impulsado polos curmáns de Castelao, ata a actualidade, pasando polos difíciles anos da dictadura. Esta obra tivo ademais dous premios pola calidade do seu diseño: Anuaria, concedido polos diseñadores gráficos de España; e o Premio Internacional "Design and Design" (premio ó que optaban o libro oficial da candidatura olímpica de Madrid 2012, ou o catálogo da bienal de arquitectura, entre moitas propostas internacionais). O libro conta con interesantes fotos e outros documentos de gran valor histórico e social. É un libro fermoso e emotivo, tanto pola narración da loita por promover a lingua e a cultura da Nosa Terra (especialmente nas obras de Castelao, Dieste e Manuel Antonio, como polo valor dos documentos gráficos, así como polo seu deseño. Quen esté interesado na súa adquisición pode facelo nos establecementos: "Peluquería Pelos" e "Estanco Xacobiño" de Asados - Rianxo. Tamén nas librarías "Andaina" e "Retrincos" de Rianxo (A Coruña). Prezo 18€
|